Celebración do Primeiro de Maio en Lugo
1978 foi o primeiro ano trala morte de Franco en que o Primeiro de Maio puido ser celebrado e reivindicado de xeito legal. En Lugo, unha manifestación convocada por CCOO, UGT, USO, o Partido Comunista de Galicia e PSdeG-PSOE saíu pasado o mediodía da Praza da Milagrosa, portando os participantes bandeiras galegas, as dos sindicatos e repetindo consignas sobre a unidade sindical, a igualdade salarial e en contra da obriga dos galegos emigrar e da gravosa situación de paro xuvenil. Na actual Praza Maior culminou a manifestación, e logo do manifesto foron interpretados o Himno Galego e La Internacional.
Fontes
"Primero de Mayo: Manifestaciones, mítines y fiestas en las principales ciudades gallegas", La Voz de Galicia, 2/05/1978, 46.