Carta de Monseñor Miguel Anxo Araúxo Iglesias tralos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol
Tralo impacto pola represión dos sucesos de marzo de 1972, protagonizados polos obreiros ferroláns en folga da empresa Bazán, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Miguel Anxo Araúxo Iglesias, aprobou unha homilía que foi enviada ás parroquias da diocese para ser lida aos fieis durante os oficios. O texto recollía unha temperada postura solidaria cos traballadores, validando o desexo daqueles da mellora da súa vida, reivindicando a necesidade de canles e dereitos básicos que permitiran a negociación colectiva (como o dereito de reunión ou o rexeitamento dos despedimentos nos procesos de negociación) e rexeitando a violencia utilizada polas autoridades contra a poboación desarmada. A pesar da petición do bispo, algúns párrocos negáronse a ler a homilía, ou incluso organizaron boicots contra a súa lectura. En contraste, outros párrocos galegos, solidarios coa causa, leron o texto nas súas respectivas parroquias, rexistrando casos en Vigo, Santiago, A Coruña, Pontevedra, etc.
Fontes
MARTÍNEZ, Xosé Antonio, A Igrexa antifranquista en Galicia. Análise histórica da crise posconciliar, Ediciós do Castro, Sada, 1995, 25 e segs.
Notas
Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á sé da diócese, a Catedral de Mondoñedo e o pazo bispal.