Campo de concentración na ría de Ribadeo
O campo de concentración de Arnao foi un dos máis lonxevos, estando aberto dende 1938 a 1943. Recibiu prisioneiros da fronte asturiana e tamén na retagarda franquista, aínda que, do mesmo xeito, nenos e mulleres, distribuídos en tres barracóns nos que se concentraban unhas trescentas persoas.
Estado
Conmemorado mediante monumento, que conta cunha planca onde, pode lerse: "En memoria de los hombres y mujeres que perseguidos por sus ideas aquí estuvieron confinados"; a día de hoxe, na zona hai unha área recreativa.
Fontes
ALONSO, José, "El campo de concentración de Arnao, el paraíso que fue un infierno", La Voz de Galicia, 21/11/2018, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2018/11/21/campo-concentracion-arnao-paraiso-infierno/0003_201811X21C8995.htm, 18/08/2022. RODRÍGUEZ, Domingo, Presos e prisións na Galicia de Guerra e de Posguerra: 1936-1945, Editorial Galaxia, Vigo, 2010.