Campo de concentración de Rianxo
Campo de longa duración que comezou a funcionar en outubro de 1937. Localizado nunha fábrica de salgadura pertencente aos Goday, contaría cunha capacidade para dous mil prisioneiros. Pechou en decembro de 1939.
Estado
Na actualidade existe un monumento con placa.
Fontes
HERNÁNDEZ, Carlos, Campo de concentración de Rianxo, 2022, Los Campos de Concentración de Franco, http://www.loscamposdeconcentraciondefranco.es/campos/244, 14/08/2022.
Notas
As coordenadas refírense ao lugar no que se atopa o monumento, que coincide co antigo campo.