Boicot ao pagamento da cota de millo
469 labregos das parroquias de Cerceda, Xesteda, Meirama, Queixas, Rodís e As Encrobas boicotearon en xuño de 1944 o cobro da cota de millo por parte do Sindicato Nacional del Trigo, de xeito que aínda que o cobrador acudiu repetidas veces a intentar recadala, non puido recoller unha cantidade significativa.
Fontes
CABANA, Ana, Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960) [tese de doutoramento], Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2006.
Notas
Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á Casa do Concello de Cerceda