Biblioteca da Fundación Penzol

Biblioteca da Fundación Penzol

Resistencias culturaisFranquismo (51-75)

O 14 de maio de 1963, inaugurábase a biblioteca da Fundación Fermín Penzol, situada na antiga sede da Caixa de Aforros de Vigo, na casa de Manuel Bárcena Franco. Integrado por tres seminarios (Ciencias Históricas, Filoloxía e de Ciencias Económico-Sociais) e dirixido por Francisco Fernández del Riego, serviu tamén de acubillo para as actividades clandestinas da UPG en Vigo.

Estado

Hoxe, sede de Afundación en Vigo. Sen identificación conmemorativa na actualidade.

Fontes

CABRERA, Maria Dolores; MONTEAGUDO, Henrique (Eds.), Fermín Penzol: unha obra para un país, Vigo, Galaxia, 2013.

Rúa Policarpo Sanz, 24, 36202 Vigo, Pontevedra, España, Vigo
/ Galicia