Adro de San Domingos de Bonaval

Adro de San Domingos de Bonaval

Resistencias culturaisFranquismo (51-75)

O 25 de xullo de 1932, celebrouse a primeira Misa de Rosalía promovida polo grupo galeguista católico “Deus Fratresque Gallaeciae”, liderado por Xosé Mosquera Pérez e Manuel Beiras García. Até 1965, unicamente se oficiaba en galego a homilía. En 1965, o padre Seixas Subirá celebrou por vez primeira a misa integramente en galego.
Coñecida tamén como a “Misa dos Ateos”, o 25 de xullo de 1969 á saída da misa, foron detidos Xaime Isla Couto, o doutor ourensán Carlos Guitián Rodríguez e Fidel Villar, membro do coro, tras o canto autorizado do Himno Galego polo coro obreiro “Ondas do Mar de Vigo” e o canto espontáneo da canción “Venceremos Nós”. Militantes da UPG aproveitaron o ocorrido para berrar “Viva Galicia Ceibe” e “Liberdades para Galicia”, motivo polo cal foi golpeado e apresado pola policía Xaime Isla. Axuizado e condenado polo Tribunal de Orde Público, posteriormente o Tribunal Supremo absolveuno en 1971.

Fontes

AGÍS VILLAVERDE, Marcelino, Xaime Isla Couto: entre o Galiza Ceibe e o Venceremos Nós. Os feitos acaecidos na Misa de Rosalía 1969, Vigo, Fundación Isla Couto, SEPT, 2019.

Convento de Santo Domingo de Bonaval, Costa de San Domingos, 15703 Santiago de Compostela, La Coruña, España, Santiago de Compostela
/ Galicia