Actividade das Comisións Obreiras na FRIGSA

Actividade das Comisións Obreiras na FRIGSA

Resistencias civís organizadasFranquismo (51-75)

As instalacións do matadoiro FRIGSA, promovidas polo INI, inauguráranse en Lugo en 1957. Estas instalacións foron un dos centros con actividade das CCOO durante a ditadura na provincia de Lugo. Así, por exemplo, as CCOO de Lugo fixeron público en xullo de 1972 un escrito denunciando as condicións de traballo e as malas prácticas na empresa FRIGSA e chamando á loita de obreiros e campesiños para rematar ‘co roubo i a explotación que somos ouxeto’. A fábrica deixaría de funcionar a finais dos 70 e os seus terreos serían mercados polo concello de Lugo nos oitenta.

Estado

A día de hoxe, os terreos do antigo matadeiro albergan un amplo espazo cultural e social que inclúe o Museo Interactivo da Historia de Lugo e o auditorio Gustavo Freire.

Fontes

GÓMEZ, José; SANTIDRIÁN, Víctor Manuel, Historia de Comisións Obreiras de Galicia nos seus documentos, Ediciós do Castro, Sada, 1996, 138 e ss.

Distrito 8, A Milagrosa-Barrio Feijóo. Parque da Milagrosa, Av. Da Coruña, Lugo
/ LUGO